 |
 |
| Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!. |
|
 |
 |
 |
 |
Actualmente hai 5 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador |
|
 |
 |
 |
 |
Recibimos 1299418 impresións desde xuño 2005 |
|
 |
 |
| |
Benvid@s ao sitio web da Escola
Contacto: escola@bandadegaitasprovinciadepontevedra.com Fax, Tel e contestador: 986 48 70 20 - 986 26 99 80 |
|
  |
|
Presentacións do Curso 2009-2010
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
As Datas das presentación nas distintas Escolas serán as seguintes:
• Zona Centro, Cidade I. Principe Felipe (Pontevedra) : luns día 5 de Outubro
• Zona Salnés, Casa da Cultura de Corón (Vilanova): martes día 6 de Outubro
• Zona Sur, IFEVI Cotogrande (Vigo): mércores día 7 de Outubro
• Zona Deza, Auditorio Municipal (Lalín): xoves día 8 de Outubro
• Zona Morrazo, Academia Stacatto (Cangas): sábado día 10 de Outubro
O prazo de matrícula xa esta pechado, pero se admitirán alumnos nos grupos que non estén completos. |
|
 |
 |
  |
|
DIXITALIZA OS TEUS DISCOS DE VINILO NA ESCOLA
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Hola a tod@s, xa temos á vosa disposición na escola de vigo un sistema de dixitalización de discos de vinilo, si tedes algún na casa e queredes pasalo a cd ou a mp3, traédeo e falade con Hipólito ou con Marcos.
Saúdos. |
|
 |
 |
  |
|
FORO DE GAITAS E GAITEIROS
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Poñemos en coñecemento de todos a existencia de un foro onde sempre se tratan temas relacionados coa gaita e todo o que a rodea, e tamén onde se comparte información, partituras, fotos, etc...
O nome é " l-gaita ".
Para rexistrarvos simplemente precisades ter un enderezo electrónico e darvos de alta nesta web:
http://es.groups.yahoo.com/group/l-gaita/
Esperamos que sexa do voso agrado. |
|
 |
 |
  |
|
Concerto de Marta Quintana e a súa banda
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O venres 9 de outubro de 2009 no pub retrouso Marta Quintana ofrecerá un concerto coa formación 09, composta por:
Marta, arpa e voz
Ernesto Campos, guitarra
Marcos Campos, frautas
Suso Feixón, percusións
Marcos Padrón, acordeón electrónico.
Sobre as 21:30h |
|
 |
 |
  |
|
PANCHO ÁLVAREZ E XAIME RIVAS VISITAN A ESCOLA
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Dentro das Actividades que vimos a desenrolar Xaime Rivas
e Pancho Álvarez
visitan a Escola.
O vindeiro Martes día 09 de Xuño as 20.00 h. o Artesán Xaime Rivas
dará unha Charla sobre a construción, afinación e interpretación da Zanfona, na Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra,na sede do Salnés en Vilanova de Arousa, na casa de cultura de Corón
Pancho Álvarez
estará na Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra, zona centro, nas instalacións do PRINCIPE FELIPE, o luns día 15 as 20.00h.
Estas Actividades aínda que se realizan para que o alumnado teña a oportunidade de coñecer a persoeiros da música tradicional, son de carácter aberto , polo que calquera persoa interesada poderá asistir.
|
|
 |
 |
  |
|
ANTÓN CORRAL E JUÁN GONZÁLEZ visitan a Escola de Vigo
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O vindeiro xoves día 4 de Xuño as 20 h. o Artesán Antón Corral e o Gaiteiro de Airiños do Parque de Castrelos, Juán González visitarán a Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra, na sede de Vigo.
Esta actividade é para todo o alumnado da escola pero esta aberta a calquera persoa interesada que queira acudir.
|
|
 |
 |
  |
|
IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio o IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.
Actividades:
Venres 5 de xuño
20 h Casal de Ferreirós (San Salvador)
Presentación CD V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición
Inauguración da exposición “Olladas” do pintor pontevedrés F. Sutil
Sábado 6 de xuño
10 h ALBORADA a cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns
12h RELATORIOS
A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina
Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque
O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea
Paulo González. Músico e compositor
18 h Praza da Chousa (Combarro)
CERTAME DE GAITA DE FOL
VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
PREMIOS:
1º Premio ......................................................... 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ......................................................... 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio ............................................................ 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ............. 1.200 €, diploma e trofeo
Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana
Entrega de premios
Máis información:
626 825 442
contacto@paidacana.com
paidacana@hotmail.com |
|
 |
 |
  |
|
XIX LIGA GALEGA DE BANDAS DE GAITAS
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Este domingo 5 de Abril en Aveiro (Portugal), vaise a celebrar a 2ª Fase da XIX Liga Galega de Bandas de Gaitas onde participan máis de 90 Bandas de Gaitas de toda Galicia, dos Centros Galegos de toda España e tamén Bandas de Gaitas de Asturias e de Portugal.
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda Xarabal organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril.
Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:
* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz
|
|
 |
 |
  |
|
IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Federación de Entidades Galegas de Catalunya organiza o IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña, aberto a todas as entidades que en calquera parte do mundo dedícanse a difundir a nosa música tradicional.
Terá lugar o 17 de maio de 2009 no Auditori de Cornellà ás 10 h. Os concursantes terán que levar traxes tradicionais galegos e empregar instrumentos tradicionais galegos.
|
|
 |
 |
  |
|
O LUNS 9 DE FEBREIRO SUSPENDENSE AS CLASES POLO TEMPORAL
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no
día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía
adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante),
circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da
comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a
suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de
toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro. |
|
 |
 |
  |
|
A BANDA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN LISBOA
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O próximo sábado día 7 de Febreiro a Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra dará un concerto as 12 h. no Centro Galego de Lisboa con motivo do día da Provincia de Pontevedra en Lisboa.
|
|
 |
 |
  |
|
XIX LIGA GALEGA DE BANDAS DE GAITAS
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Este domingo 21 de Decembro en Viana do Castelo (Portugal), vaise a celebrar a 1ª Fase da XIX Liga Galega de Bandas de Gaitas onde participan máis de 80 Bandas de Gaitas de toda Galicia, dos Centros Galegos de toda España e tamén Bandas de Gaitas de Asturias e de Portugal.
|
|
 |
 |
  |
|
XAIME ESTÉVEZ VILA As gravacións da música galega (1975-2000)
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A presente publicación nace da tese de doutoramento feita na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram acordaron a edición dunha parte deste traballo de investigación polo seu grande interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural. |
|
 |
 |
  |
|
Visita do Artesán de Zanfonas XAIME RIVAS
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O vindeiro xoves día 4 de Decembro as 19 h. o Artesán Xaime Rivas dará unha Charla sobre a construcción, afinación e interpretación da Zanfona, na Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra na sede de Vigo.
Esta actividade é para todo o alumnado da escola pero esta aberta a calquera persoa interesada que queira acudir.
|
|
 |
 |
| |
 |
 |
| D | L | M | M | X | V | S |
| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | | | | | | | | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | | | | | | | | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | | | | | | | | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | | | | | | | | 28 | 29 | 30 | 31 | | | | | | | | | | |
|
 |
 |
 |
 |

Visita o sitio web da Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra |
|
 |
 |
|