 |
 |
| Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!. |
|
 |
 |
 |
 |
Actualmente hai 8 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador |
|
 |
 |
 |
 |
Recibimos 1535251 impresións desde xuño 2005 |
|
 |
 |
| |
  |
|
''Sons doutro tempo, hoxe'': O prodixio de Antón Corral
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Aberta ao público dende o 7 de Abril e ata o 20 de Maio, no Museo Etnográfico Liste de Vigo, tod@s os amantes da música e da artesanía musical galega contamos cunha exposición de instrumentos
construídos polo mestre Antón Corral.
"Esta exposición quere mostrar unha pequena parte da historia viva da sociedade galega que en tempos a piques estivo de morrer por ser esquencida. Onde os artesáns xa non tiñan cabida pois poucos tañedores había, e a evolución a novos tempos máis globalizados cubría con sons e instrumentos modernos e foráneos ós propios da nosa raiz"
A exposición no Museo Etnográfico Liste ofrécenos a posibilidade de ver o proceso de construcción dunha gaita, dende as palletas e pallóns ata punteiros, sopretes, buxas, roncóns, ronquillas, chións, anelados, etc.
Veremos punteiros en diferentes afinacións,requintas, pitos, ocarinas de barro, birimbaos, e por suposto gaitas: por exemplo a gaita "persoal" de Antón Corral, unha gaita en Do "Modelo Barroco", con ronquilla, feita en madeira de pao santo, anelada en asta e buxo; unha gaita con ronquilla e chión "Modelo Tino Grandío" en madeira de granadillo, outra gaita "Modelo Moxenas".
Gaitas antigas, como a do s.XVIII en Si B e Do, anelada en metal branco, de buxo coloreado e pao santo, de artesán descoñecido, cun punteiro con chaves e unha buxa dobre con ronquilla e roncón; outra de finais do s.XIX, de fol de cabrito, cun engadido na buxa do ronco doutra buxa máis pequena para o chión.
Zanfonas e organistrum construidos por Antón Corral e outras de finais do S.XIX.
Percusións coma castañetas, tarrañolas, culleres, paos mallos, bombos, pandeiretas, charrasco, tamboril, pandeiro, etc.
Animámosvos dende a Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, a visitar o Museo Liste a disfrutar deste prodixio.
Nota: www.museoliste.org |
|
 |
 |
| |
|
Tópicos asociados
 |
|
| "Login" | Entrar/Crear Conta | 0 cometarios |
|
| | Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido. |
|
|
|
Non se permiten comentarios Anónimos, rexístrese por favor |
|
|