 |
 |
| Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!. |
|
 |
 |
 |
 |
Actualmente hai 9 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador |
|
 |
 |
 |
 |
Recibimos 1535217 impresións desde xuño 2005 |
|
 |
 |
| |
  |
|
Curso de Patrick Molard en Vigo
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Patrick Molard estará en Vigo
na Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra,
no IFEVI, impartindo un cursiño os días Sábado 29 e Domingo 30 de Abril.
O horario do curso será de 10:00 a 13:00h pola mañá, e de 16:00 a 19:00h pola tarde ámbolos dous
días.
O prazo de inscrición para os alumnos da escola é ata o Venres 21, e para os de fóra ata que se
cubran as prazas (15 prazas), sen contar oíntes.
O lugar de inscrición a oficina de Vigo, no IFEVI, en horario de Luns a Xoves de 17:30 a
21:30h, e os Venres de 12:00 a 14:00h.
O prezo é gratuito para os alumnos da escola, e de 30€ para os que non son alumnos.
A escola porá punteiros de prácticas a disposición dos alumnos do cursiño. Ofértase a posibilidade de acudir de oíntes, para quen o curso é gratis, sexan ou non alumnos da escola.
Todo aquel que non vaia facer a totalidade das horas do curso, ven sexa medio día ou un día
enteiro terá que ser por causa xustificada e soamentes poderá asistir ao curso en calidade de
oínte.
Fotos e vídeos de Patrick Molard
 | Patrick Molard comezou a súa carreira no ano 1965, no Bagad de Saint Malo, e logo formou parte da banda de gaitas An Ere de Rennes, a capital de Bretaña, Francia. Completou a súa formación en Escocia, cos mestres da cornamusa escocesa, Bob Brown e Bob Nico. Na década dos 70 formou parte do grupo do arpista bretón Alan Estivell, e logo no grupo Dan Ar Bras.
Nos primeros anos 80 gaña tres veces consecutivas o prestixioso Trofeo Macallan do Festival Intercéltico de Lorient. No ano 84 grava o seu primeiro disco Ar Baz Valan con repertorio de música celta dende Escocia ata Galicia.
|
Solista sublime, PatricK Molard continua a súa carrereira tamén participando en recoñecidas formacións bretonas: Den, Pennou Skolum, Alain Genty group, Gwerz, Celtic Processions, Les Frères Molard, Bal Tribal, Deliou, etc.
Xunto con Petko Stephanov, Mick O'Brian, Xosé M. Budiño, Fred Morrison, e outros gaiteiros de sona mundial, forma parte do colectivo "Maestros Solistas Europeos da Gaita".
Hoxe ten varios proxectos, Dúo Molard-Genty, Bal Tribal, Triptyque, Dúo Molard-Berthou, e imparte clases no Conservatorio Rexional de Lorient e cursos de gaita por todo o mundo.
Vexa aquí fotografías e vídeos do seu paso pola Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra o ano 2005
Nota: www.patrickmolard.com
 |
 |
| |
|
Tópicos asociados
 |
|
| "Login" | Entrar/Crear Conta | 1 comentario |
|
| | Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido. |
|
|
|
Non se permiten comentarios Anónimos, rexístrese por favor |
|
|
|
|