 |
 |
| Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!. |
|
 |
 |
 |
 |
Actualmente hai 8 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador |
|
 |
 |
 |
 |
Recibimos 1535272 impresións desde xuño 2005 |
|
 |
 |
| |
  |
|
II ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa (birinbau, arpa de boca ou como vos a coñezades).
As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.
A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta.

Nesta segunda edición do Encontro, (enfocado dende o punto de vista practico mais que teórico) contaremos cos principais tocadores de trompa de Galicia, e tamén faremos un achegamento á presencia deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa.
A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta.
Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico:
Tfno./Fax: 986 847 074
secretaria@gaiteirosgalegos.com
O programa do Encontro queda do seguinte xeito:
11:00h - " A presencia da Trompa en Galicia e nas distintas culturas do mundo" Relatores: Luciano Pérez e John Wright
14:00h - Xantar
16:00h - Mostra de construcción de Trompas: Oliverio Álvarez
16:45h - Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wrigh t
18:30h - Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright.
|
|
 |
 |
| |
|
Tópicos asociados
 |
|
| "Login" | Entrar/Crear Conta | 0 cometarios |
|
| | Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido. |
|
|
|
Non se permiten comentarios Anónimos, rexístrese por favor |
|
|