Benvidos a ESCOLA de GAITAS e PERCUSION da PROVINCIA de PONTEVEDRA

A música galega ao alcance de tod@s, visitade o noso libro de visitas

Menú principal
· Comezo
· Contido
· Novas
· Arquivo
· Enciclopedia
· Descargas
· Ligazóns


Módulos
· Home
· AvantGo
· Downloads
· Encyclopedia
· Members_List
· NuCalendar


Foros e preguntas
· Foro
· Preguntas frecuentes


Temas no Foro

 Vacile con Carlos Nuñez y Hevia
 FESTIVAL DE ORTIGUEIRA
 III Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva
 MI PIEZA FAVORITA
 A nosa veciña a señora Carmen
 Dan ar braz-Green Lands
 CHOUTEIRA
 Quienes son
 blog de madrid en clave folk
 festival internacional celtic colours, ( Canada)

ESCOLA de GAITAS e PERCUSION da PROVINCIA de PONTEVEDRA Forums



Login
Alias

Clave

Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!.


Quén esta en liña?
Actualmente hai 8 invitados, 0 membro(s) conectado(s).

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador


Visitas
Recibimos
1535290
impresións desde xuño 2005


Contador de Visitas


  
XAIME ESTÉVEZ VILA As gravacións da música galega (1975-2000)
Enviado por administrador
Publicacións A presente publicación nace da tese de doutoramento feita na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram acordaron a edición dunha parte deste traballo de investigación polo seu grande interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural.

A presente publicación nace da tese de doutoramento feita na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram acordaron a edición dunha parte deste traballo de investigación polo seu grande interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural.

Entre dúas e tres mil horas de traballo,cando menos, fixeron falla ao longo de seis anos para chegar a esta edición sobre a música galega gravada.

O máis salientable deste traballo de máis de 400 páxinas, é sen dúbida que cuantifica obxectivamente o impresionante legado da música galega gravada só nun marco temporal de 26 anos. Analizáronse 774 gravacións que deixaron o descuberto preto de 500 agrupacións ou artistas (468), preto tamén de 500 horas de música gravada (485), case 10.000 temas (9.289) . Esta investigación aporta datos obxectivos sobre Intérpretes,Compositores, Editoriais, Referencias xeográficas, Letristas, Instrumentos, Formas musicais...

Ofrécense tamén análises cronolóxicas, cuantitativas e estilísticas que nos descobren, por exemplo, máis dunha ducia de tipoloxías e matices diferentes para a música galega, os temas máis gravados, a evolución da edición discográfica ou as agrupacións e compositores máis relevantes neste marco temporal, así como datos concretos sobre as particularidades da música galega. Facilítanse 200 páxinas de índices e informes ordeados para a súa consulta, incluido un índice gráfico, e ata 32 táboas analíticas e gráficos demostrativos.Toda esta información e datos van acompañados dun marco teórico sobre a música galega : nomes propios, recompilación, conexións con outras músicas, fontes, estilos,... que fan desta edición unha referencia imprescindible dende agora para afondar na realidade e na verdadeira dimensión da música galega gravada quizais insuficientemente coñecida e valorada pola inexistencia de traballos musicolóxicos e científicos deste calibre.

A presentación feita polo profesor Rodrigo Romaní e o prólogo da Dra. Pilar Lago serven de pórtico perfecto e acorde á categoría dun traballo tan necesario como de referencia imprescindible no futuro para a posta en valor e a difusión axeitada do noso patrimonio cultural inmaterial.

Podese mercar o libro no seguinte enlace

http://www.andelvirtual.com/tev/catalogo/ver.php?pid=9490%C3%B3n
 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Publicacións
· Noticias de administrador


Noticia máis lída sobre Publicacións:
XAIME ESTÉVEZ VILA As gravacións da música galega (1975-2000)



Valora o artigo
Valoración: 5
votos: 1


Por favor, vota por este artigo:

Excelente
Moi bo
Bo
Regular
Malo



Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir

 Enviar a un amigo Enviar a un amigo



Tópicos asociados

Publicacións

"Login" | Entrar/Crear Conta | 0 cometarios
Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.

Non se permiten comentarios Anónimos, rexístrese por favor
Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra
escola@bandadegaitasprovinciadepontevedra.com
Tlf:986 26 99 80|Tlf/Fax: 986 48 70 20