 |
 |
| Se queres ter unha conta e participar, enviar mensaxes, ligazóns, comentarios, escribe ó administrador, anímate!!. |
|
 |
 |
 |
 |
Actualmente hai 8 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse solicitando unha conta o administrador |
|
 |
 |
 |
 |
Recibimos 1535298 impresións desde xuño 2005 |
|
 |
 |
| |
  |
|
Concerto de Marta Quintana e a súa banda
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O venres 9 de outubro de 2009 no pub retrouso Marta Quintana ofrecerá un concerto coa formación 09, composta por:
Marta, arpa e voz
Ernesto Campos, guitarra
Marcos Campos, frautas
Suso Feixón, percusións
Marcos Padrón, acordeón electrónico.
Sobre as 21:30h |
|
 |
 |
  |
|
A BANDA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN LISBOA
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O próximo sábado día 7 de Febreiro a Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra dará un concerto as 12 h. no Centro Galego de Lisboa con motivo do día da Provincia de Pontevedra en Lisboa.
|
|
 |
 |
  |
|
LEDICIA NO INTERCELTICO DE AVILES
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Dende o día 20 o 25 de Xullo a Banda de Gaitas LEDICIA de Mos, vai a estar presente no Festival Intercéltico de Avilés xunto a delegacións de Escocia, Irlanda, Pais de Gales, Bretaña e Asturies. |
|
 |
 |
  |
|
VII Romaria do Lecer Xacarandaina
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Despois dun duro ano de traballo chega a festa das festas por excelencia... ¡a VII Romaria do Lecer de Xacarandaina!
O sábado 16 de Xuño, terá lugar no Paseo das Pontes a Foliada, a partires das 9 da noite, onde grupos de toda galicia tocaremos unhas peziñas para que os bailadores mais animosos botedes uns bailes.
O domingo 17 de Xuño, durante todo o día haberá no mesmo lugar, a clausura das actividades da Asociación, e ademais haberá sorteo de agasallos, torneo de tute, obradoiros de artesáns, xogos para os mais pequenos, polbo, churrasco e bochinche para o que teña fame... ¡Temos de todo!
|
|
 |
 |
  |
|
Luar Na Lubre, Hevia & Ledicia no IFEVI
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
28/01/2007
O próximo Sábado 3 de Febreiro, pola noite, non vos perdades a cita con Luar Na Lubre, Hevia e a Banda de Gaitas Ledicia, no Recinto Feiral de Vigo, IFEVI en Cotogrande.
A Banda de Gaitas Ledicia, varias veces campiona da Liga Galega de Bandas de Gaitas, acompañará a X. A. Hevia no concerto que o gaiteiro asturiano e o seu grupo vos ofrece o próximo Sábado.
Esa mesma noite tamén subirá ao escenario o prestixioso grupo galego Luar Na Lubre, para facer disfrutar coa súa música a todos os que vos acheguedes polo IFEVI, en Cotogrande, Vigo, a carón do Aeroporto de Peinador.
|
|
 |
 |
  |
|
XXIII Xornadas de Folclore en Ourense
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
Dende o día 7 de Agosto ata o 16 estaranse a desenvolver as XXIII Xornadas de Folclore
en distintos concellos de Ourense: Ourense, Bande, Monforte, Maceda, Allariz,
Chaves, Manzaneda, Viana, O Barco, etc.
Os Grupos participantes proceden de Arxentina, Burundi, Colombia,
Hawaii, Serbia, Taiwan, Armenia, Filipinas, Kamchatka (Fed. Rusa), Oremburgo (Fed. Rusa),
Venezuela e Vietnam.
Para máis información: Telf./Fax: 00 34 988 249493
e-mail: escdanza@depourense.es
|
|
 |
 |
  |
|
SonDeSeu: 10 anos do C.M.T. da Escola de Artes e Oficios de Vigo
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A creación do Conservatorio de Música Tradicional, dentro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (antes Universidade Popular) en 1996 ven inaugurar un novo xeito de concebir os centros educativos no amplo mundo do ensino da música popular galega.
Cumprénse 10 anos da súa aparición e polas súas aulas teñen pasado a maior parte dos músicos que na actualidade manteñen vivo e creador o mundo da música tradicional e a súa expresión urbana: o folc.
Un dos máis importantes fitos no decorrer destes anos ten sido a formación da primeira Orquestra Folc en España: Sondeseu. Co seu primeiro traballo discográfico no mercado (Mar de Vigo, que merecéu mencións especiais da prestixiosa revista Folk Roots e dos medios galegos españois especializados) e o segundo en proceso de produción, Sondeseu xa é un referente nacional e internacional.
"SonDeSeu: 10 anos do C.M.T. da Escola de Artes e Oficios de Vigo"
Xoves, 1 de Xuño ás 22.00 H.
Teatro Sá de Concertos do Centro Cultural Caixanova
Reserva de localidades ben na www.caixanova.es , ben na taquilla telefónica 902 504 500
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
Unha multitude disfrutou a víspera da saída da Volvo Ocean Race do concerto de Budiño e dun espectáculo multimedia.

En Bouzas non cabía nin unha alma. Unha multitude de persoas apostouse dende dúas horas antes do espectáculo no paseo, a praia, o atrio da igrexa e calqueira balcón cercano coa intención de non perderse nin un segundo da "Festa do Mar", que só tivo un pequeno lunar: un inoportuno apagón no xenerador -durante a última canción de Budiño- , que deixou sen luz, son nin pantallas ao público que, non obstante, correspondeu elegantemente con aplausos o esforzo previo que o gaiteiro moañés e a súa banda derrocharon sobre o esceario frotante.
|
|
 |
 |
  |
|
Festa do Mar na praia de Bouzas
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A noite anterior á saída da Volvo Ocean Race, o 11 de Novembro, ás 21:30, a praia de Bouzas acollerá un concerto do recoñecido gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño e logo un fenomenal espectáculo de luz e son: A Festa do Mar, coordinado por Hipólito Cabezas.
Para á ocasión reuniranse 500 gaiteiros que tocarán na praia, e no paseo de Bouzas. E haberá moitas sorpresas!!
A Festa do Mar será todo un espectáculo de música, lumes artificiais, vídeo e láser, e proxectarase en grandes pantallas de plasma.
|
|
 |
 |
  |
|
Galeuzca: concerto contra o lume
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O Galeuzca é un festival de claro compromiso coas tendencias musicais representativas de Galiza, Euzcadi e Catalunya. Kepa Junkera, A Matraca Perversa e Grallers del Palomar. Galeuzca recolle con esta proposta boa parte da riqueza cultural da península para transmitir un valor imprescindible para o futuro a humanidade: a defensa da diversidade. Diversidade cultural, artística e lingüística da que darán mostra os artistas e grupos invitados ao escenario do Recinto Feiral de Arzúa.
DATA: Sábado 15 de outubro.
HORA: a partir das 22:00 horas.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO |
|
 |
 |
  |
|
II Festival Folk Sta Teresita
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O día 8 de Outubro celébrase na parroquia Ourensá de Sta Teresita o
II Festival Folk Sta Teresita.
|
|
 |
 |
  |
|
Enclave da Gaita 2005, concerto folk en Cangas.
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A.C. Enclave da Gaita e o Concello de Cangas organizan o segundo concerto folc Enclave da Gaita.
Tera lugar no Auditorio de Cangas o Venres 30 de Setembro ás 22:00H. |
|
 |
 |
  |
|
I Encontro de músicos tradicionais da Limia
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O domingo 25 de setembro, día grande da festa da Saínza, a romaría da
Limia,
no prado afortunado da maxestosa Carballa da Rocha, celébrase o
primeiro
encontro de intérpretes de música tradicional, depositarios e
transmisores
da arte e do saber dos devanceiros.
Coa presenza gozosa de moitos dos
músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados
en
publicación recente.
|
|
 |
 |
  |
|
O Coto organiza a súa XVII Xuntanza Folclórica
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
A Asociación Cultural O Coto celebra a súa XVII Xuntanza Folclórica no
colexio Carballal o día 24 de setembro |
|
 |
 |
  |
|
VI Encontro Folclórico Sárdoma 2005
|
|   |
 |
|
 |
 |
 |
O 10 e 11 de Setembro, na Alameda da Parroquia de Sárdoma, Vigo. |
|
 |
 |
| |
 |
 |
| D | L | M | M | X | V | S |
| | | | 1 | 2 | 3 | 4 | | | | | | | | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | | | | | | | | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | | | | | | | | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | | | | | | | | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | | | | | | | | | |
|
 |
 |
 |
 |

Visita o sitio web da Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra |
|
 |
 |
|