Currículo da Banda de Gaitas: |
|
|
|
|
En xaneiro de 1990 comezan no colexio público Dr. Suárez de Fornelos as clases de gaita promovidas polo propio Concello e a dirección do centro. Na primeira clase interveñen 47 alumnos cunha media de idade de 9 anos e sen ningún tipo de coñecementos previos. En outubro do ano 92, ao acadar certo nivel de aprendizaxe, os alumnos de gaita comezan as clases de percusión coa idea de formar unha banda de gaitas. No ano 94, a pesar de que aínda non está formada a banda como tal, entra a formar parte da Asociación Galega de Bandas de Gaitas e da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra, sendo unha das bandas fundadoras. A partir do ano 96 é cando podemos dicir que a Banda comeza a funcionar xa cunha escola detrás, e dunha forma completa, actuando nas galas especiais da TVG "Premios Gastronómicos de Galicia" (96,98) e "Fin de ano"(96), e entrando na "Liga Galega de Bandas de Gaitas", onde acada os seguintes resultados: 1996/1997 4ª categoría. Acada en todas as fases a maior puntuación nesta categoría entre 42 bandas de toda Galicia, conseguindo así o ascenso. 1997/1998 3ª categoría. Volve a conquerer o ascenso ao quedar na cuarta posición. 1998/1999 2ª categoría. Consegue o terceiro premio e ascende por terceiro ano consecutivo, esta vez á máxima categoría. 1999/2000 1ª categoría. Cunha media de idade duns 12 anos é a banda máis nova da categoría e acada a 13ª posición xeral, así como a 2ª posición na clasificación provincial nunha liga onde participan actualmente 142 bandas de gaitas. Despois dun tempo de descanso e renovación, en xullo de 2003 a Banda volve á liga só na derradeira fase e no 3º grao, como preparación para a liga 2003-2004. Nesta fase acada o 1º posto e o premio á mellor percusión.
Dende os seus comezos, as clases foron impartidas por Hipólito Cabezas. Fornelos, a 12 de febreiro de 2001.
Membros da BdG "Concello de Fornelos de Montes" |
Páxina web da Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra".
2004