Currículo da :

INICIO


Director: Hipólito Cabezas

Currículo: A Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra" pódese dicir que é de recente creación, xa que dende decembro de 2001, vén traballando en seleccionar gaiteiros de varias bandas da provincia, todas dirixidas por Hipólito Cabezas.

Escudo de Pontevedra

As dúas bandas principais son "LEDICIA" de Mos (campiona nacional 2001, campiona de liga 2001-2002 e 2002-2003) e "BENE VIVERE" de Bembrive - Vigo.

O traxe que utiliza é un traxe de gala cun deseño exclusivo para a Banda.

O repertorio está composto por temas tradicionais recollidos nos cancioneiros galegos como o de Casto Sampedro e Izenga e temas de autores máis actuais, incluíndo composicións propias, así como temas doutros países que enriquecen os concertos con sabores doutras culturas.

Dende a súa formación, a banda está actuando en numerosos actos oficiais da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, así como en varios concellos de toda a provincia.

Destacan as representación de España, en agosto do 2002, na República Checa, e no Campionato do Mundo de Escolas Navais Militares celebrado na Escola Naval Militar de Marín. Este campionato estivo apadriñado pola súa Maxestade o Rei, Don Juán Carlos I e contou coa participación de 21 países.

Actualmente a banda foi seleccionada para representar a España no "Día da Hispanidade 2003" en Nova York.

Véxanse algunhas fotografías
(Véxanse algunhas fotografías)

Páxina de Inicio


Páxina web da Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra".

2004