Currículo da Banda de Gaitas:

INICIO
XOEIRA

A Escola de Gaitas de Carballedo do Concello de Cotobade fundouse en Xulio de 1987, pola Asociación de Veciños, sendo o seu Mestre D. Ricardo Portela ata o mes de Marzo de 1992, data do seu finamento.

A Banda contaba entonces con 16 nenos. A partires de Maio de 1992 faise cargo da Banda Hipólito Cabezas, e a Banda chega a estar formada por 35 rapaces e conta cunha escola de Pandereteiras.

Nas actuacións máis importantes podemos destacar:

  • 1988.- Data da súa Presentación nas Festas de San Roque Carballedo.
  • 1991.- Representación de Galicia en Zaragoza na ofrenda a Virxen do Pilar.
  • 1992.- Xuntanza de Bandas de Gaitas en Ferrol. Semana Cultural do Concello de Vigo. Concerto na Pza. Maior de Astorga.
  • 1993.- Representación de Galicia en Oviedo en el Día de América en Asturias.
  • 1994.- Comenza a participar na Liga Galega de Bandas de Gaitas no 3º Grao acadando a 2ª Posición e o ascenso. No Campionato Nacional de Bandas queda Subcampiona Nacional.
  • 1995.- 2ª Clasificada na Liga Galega de Bandas de Gaitas no 2º Grao e Subcampiona Nacional na súa Categoría. Acadando o Ascenso a 1ª Categoría.
  • 1996.- Neste Ano A Banda decide non Participar na Liga.

Nas súas actuacións ata agora destacan:

Actuacións na TVG:

  • - Galas de Premios Nacionales Gastronómicos. Alvaro Cunqueiro desde Lalín. 1996-1998.
  • - Gala de Fin de Ano. 1996.
  • - Actuación en Luar en 1997
  • - Gala Especial do Xacobeo en Vigo 1999
  • - Concerto na Pza Maior de Madrid no Día de Galicia en Madrid 1998.

Destacar que catro rapaces da Banda, foron seleccionados para formar parte da Banda de Gaitas "PROVINCIA DE PONTEVEDRA" que representou a Galicia e a España no 2002 na República Checa e no 2003 no Desfile do día da Hispanidade na 5ª Avenida en New York o día 12 de Outubro ademáis de varios concertos pola xeografía Nacional.

Cotobade a 4 de decembro do 2003

Membros da BdG "XOEIRA"

Páxina de inicio


Páxina web da Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra".

2004